A ruta literaria, tamén chamada Ruta das Palabras, pasa polos lugares máis característicos da historia literaria desta vila. Comeza no Paseo do Espolón, onde podemos ver unha estatua de Rosalía de Castro, e unha de Camilo José Cela, cada unha delas situada nun extremo do Espolón.
A seguinte parada desta ruta é na praza de Macías, adicada a este trobador medieval, natural da parroquia de Carcacía.
Continúa pola rúa Juan Rodríguez, que foi un importante novelista medieval, e atravesa a rúa do Sol ata chegar a rúa Rosalía de Castro. O seguinte punto a visitar é o Xardín Botánico, no que atopamos numerosos monumentos de diversas personalidades literarias como poden ser Castelao, Rosalía, Macías o Namorado... Aquí podemos atopar a secuoia baixo a cal se sentaba a escribir Rosalía.
O derradeiro recurso desta ruta é a casa de Rosalía de Castro, coñecida como A Casa da Matanza, hoxe convertida en museo.

A ruta Traslatio, céntrase na tradición xacobea en Padrón. Recorre lugares relacionados co apóstolo, como é a igrexa de Santiago, onde se atopa o Pedrón, pedra á cal ataron a barca que transportou o seu corpo ata Galicia.
Tamén pasa por outros lugares como o Santiaguiño do Monte, onde rezaba o apóstolo, e a fonte do Carme.
Mais nos temos unha proposta dunha nova ruta en Padrón, que abarca todos os recursos importantes da zona, unindo estas dúas rutas. Pasaría polo Santiaguiño do Monte, a Igrexa de Santiago, o Paseo do Espolón, o Xardín Botánico e, como non, a Casa Museo Rosalía de Castro e a fundación Camilo José Cela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario