lunes, 15 de abril de 2013

Semana Santa Padronesa.



Fai unhas semanas, celebrouse en Padrón, a Semana Santa, ofertando un amplo abanico de actividades a realizar. A Semana Santa padronesa celebrase dende o Domingo de Ramos ata o Domingo de Pascuilla, aínda que este ano prolongouse a celebración ata o martes para que os nenos disfrutasen de dous días para eles, contando con gran variedade de atraccións.




Dúas das posibilidades a escoller foron o Campionato galego de Xadrez e a exposición solidaria "Tu ayuda puede cambiar su vida", ambas prolongaronse durante varios días.



Houbo outras moitas actividades como foron: deporte na rúa, campionato de tenis, carreira popular, torneo de golf, a tradicional feira cabalar, feira exposición de maquinaria agrícola e industrial, acontecemento taurino...



Así mesmo houbo numerosas actuacións musicais, contando con grandes orquestas coñecidas a nivel nacional como a París de Noia e a Panorama. Tamén se puido acudir á actuación en exclusiva de catro DJ's padroneses.



No hay comentarios:

Publicar un comentario